Módulos de actividades
Esta plataforma contén varios módulos de actividades.
Foros
Este módulo é moi importante, dado que nel se dá o maior intercambio. Os foros pódense estructurar de diferentes xeitos, e poden incluír cualificacións. As mensaxes pódense ver de varios xeitos e poden incluír arquivos adxuntos. Ao subscribirse a un foro, os participantes automaticamente recibirán copias de cada mensaxe no seu buzón de correo. O profesor/a pode impor ao seu alumnado a subscrición a determinado foro.
Xornais
Este módulo é moi importante para a actividade reflexiva. O profesor/a propón ao alumnado reflexionar sobre diferentes temas, e os estudantes responder e modificar as súas respostas a través do tempo. A resposta é privada e só pode ser vista polo profesor/a, o cal pode responder e cualificar cada vez.
Apuntamentos
Os materiais son contidos, información que o profesor/a quere que vexa o seu alumnado. Poden ser documentos preparados e subidos ao servidor, páxinas editadas directamente na plataforma ou páxinas externas que aparecerán dentro do curso.
Tarefas
As tarefas permiten ao profesorado asignar actividades aos estudantes, que consisten en preparar contidos dixitais (de calquera tipo) que o alumno/a poderá subir ao servidor. As tarefas típicas son ensaios, monografías, redaccións, etc.
Cuestionarios
Este módulo permite que o profesor/a deseñe e formule cuestionarios. Estes cuestionarios poden ser: múltiple opción, falso/verdadeiro e respostas curtas. Estes cuestionarios consérvanse na base de datos, polo que poden ser reutilizados dentro do mesmo curso ou incluso entre diferentes cursos. Os cuestionarios poden permitir múltiples intentos. Cada intento márcase automaticamente e o profesor/a pode decidir se amosar a cualificación e/ou as respostas correctas ao alumnado unha vez concluído o cuestionario. Ademais posúe cualificación.
Consultas
As consultas son moi sinxelas: o profesor/a fai unha pregunta e determina certas opcións, das cales o alumnado elixirá unha. É útil para coñecer rapidamente o sentimento do grupo sobre algún tema, para permitir algún tipo de eleccións do grupo ou para efectos de investigación.
Enquisas
O módulo de enquisas prové unha serie de instrumentos probados para estimular a aprendizaxe en ambientes en liña. O profesorado pode empregar este módulo para aprender sobre o seu alumnado e reflexionar sobre a súa práctica educativa.