Importar preguntas
Esta función permite importar preguntas de arquivos de texto, cargados a través dun formulario.
Os formatos permitidos son:
Encher o branco
Este formato só soporta preguntas de múltiple opción. Cada pregunta sepárase cun til (~), e a resposta correcta precédese cun signo de igual (=). Un exemplo:
Cando comezamos a explorar as partes do noso corpo convertímonos en estudosos de: {=anatomía e fisioloxía ~reflexoloxía ~a ciencia ~os experimentos}, e, en certo sentido, seguimos sendo estudantes o resto da vida.
Máis información:
AON
Este é o mesmo caso de encher o branco, excepto que logo de ser importadas, todas as preguntas convírtense en grupos de catro preguntas de seleccionar a correcta.
Chámase así en honor a unha empresa que impulsou o desenvolvemento de moitas caraterísticas para os cuestionarios.
Blackboard
Este módulo pode importar preguntas gardadas coa característica de exportar preguntas do programa Blackboard. Apóiase na capacidade de compilar funcións XML nos seus correspondentes PHP.
Maior información:
Persoal
Se ten o seu propio formato que desexa importar, pode implementalo editando mod/quiz/format/custom.php
A cantidade de código novo necesaria é bastante pequena.
Maior información:
Máis formatos estanse desenvolvendo, incluíndo WebCT, IMS QTI e calquera outro que os usuarios/as de Moodle queiran aportar.