Cuestionario
Este módulo permite ao profesor/a deseñar e formular cuestionarios consistentes en: múltiple opción, falso/verdadeiro e respostas curtas. Estas preguntas mantéñense ordenadas por categorías nunha base de datos e poden ser reutilizadas no mesmo curso ou noutros cursos. Os cuestionarios poden permitir múltiples intentos. Cada intento é marcado e cualificado e o profesor/a pode decidir amosar algunha mensaxe ou as respostas correctas ao finalizar o exame. Este módulo ten capacidade de cualificación.