Subscrición aos Foros
Cando alguén se subscribe a un foro recibirá por correo electrónico unha copia de cada mensaxe enviada a ese foro (as mensaxes son enviadas aproximadamente 30 minutos despois de que foran escritas).
O alumnado normalmente pode escoller se desexa ou non subscribirse a cada un dos foros.
Sen embargo, se un profesor/a forza a subscrición a un foro concreto, esta posibilidade de elección é anulada e todos na clase recibirán copias por correo electrónico das mensaxes dese foro.
Isto é especialmente útil no foro de Noticias e nos foros iniciados ao principio do curso (antes de que todos saiban que poden subscribirse por si mesmos).