Como cargar unha imaxe
Vd. pode cargar unha imaxe do seu ordenador/computadora ao servidor, e esta imaxe empregarase en varios lugares para identificalo.
Por este motivo, as mellores imaxes son as de estilo identificación, aínda que pode empregar a imaxe que desexe.
A imaxe debe ser formato JPG ou PNG (o que significa que o nome da imaxe terminará en .jpg ou en .png) e debe ter un tamaño de 100 x 100 píxeles ou máis.
Pode colocar unha imaxe empregando un destes catro métodos:
Para cargar a imaxe, faga clic no botón "Examinar" nesta páxina e seleccione a imaxe no seu disco duro.
IMPORTANTE: Asegúrese de non colocar unha imaxe que exceda o tamaño máximo permitido, en bites, pois non se cargará.
Logo faga clic en "Actualizar información persoal", abaixo de todo, se a imaxe é maior a 100 x 100 píxeles cortarase.
Cando remata de cambiar a súa imaxe é posible que non vexa o cambio, se iso sucede actualice a páxina (premendo F5 ou o botón actualizar).