moodle/lang/gl/help/scales.html

24 lines
978 B
HTML

Escalas

En calquera curso o profesorado pode crear novas escalas
personalizadas co obxecto de levar a cabo calquera actividade de avaliación.

O nome da escala debería ser unha frase que a identifique con claridade: ese
nome aparecerá tanto en listaxes de selección de escalas
como nos botóns de axuda sensibles ao contexto.

A propia escala defínese como unha listaxe xerárquica de valores, de negativo
a positivo, separados por comas. Por exemplo:

Insuficiente, Regular, Media, Bo, Moi bo, Excelente!

As escalas deberían así mesmo incluír unha descrición adecuada do
que significan e como deberían empregarse. Esta descrición aparecerá nas páxinas de
axuda para profesorado e estudantes.

Por último, pode haber unha ou máis escalas "estándar" definidas no
sitio polo administrador do sistema. Estas escalas estarán dispoñibles en todos
os cursos.